Solstici 2023

testaquente

6/22/2023

Solstici é a exposición anual que o TPK celebra no Tecla Sala en L'Hospitalet coas obras desenvolvidas ao longo do ano polos seus artistas. Participei por primeira vez con tres renders 3D e uns seos impresos en 3D do meu proxecto actual Tetódromo.

"Zona D. Zona de urxencia, humanidade e liberdade": Exposición de artistas de TPK en Tecla Sala

Tras os acontecementos cruciais dos últimos anos, nos que converxen conflitos como a radicalización política, a desconfianza nas institucións, unha pandemia e unha guerra en territorio europeo, os artistas de TPK reflexionaron sobre o futuro e sobre a forma en que a nosa produción artística podería mellorar a vida comunitaria. Para iso, iniciamos unha investigación que aborda a complexidade desta realidade, promovendo espazos de achegamento, creación e comunicación que, desde a diferenza e a singularidade, teñen como obxectivo ofrecer unha visión máis aberta e ampla da vida e da arte. Con esta liña como horizonte e dada a nosa urxencia por insuflar humanidade e liberdade, convidámosvos a entrar en "ZONA D".

Solstici 2023 TPK