SOBRE MIN
Paula Nieto
Os meus comezos foron na pintura e na fotografía. Uns anos máis tarde comecei a interesarme pola creación en 3D cando vira por primeira vez os fondos xerados por ordenador nunha serie de animación para a que traballara creando as transicións a lapis.
Logo de aprender a usar un programa 3D empecei a traballar en videoxogos. Era o ano 2001. O meu primeiro personaxe propio foi Home Groso; un ser amorfo, brando e sen expresión facial. Estaba cansa de contar polígonos para engadir músculos a guerreiros super fornidos. O meu personaxe xurdiu como unha resposta inconsciente a tanta épica.
Daquela sigo a explorar a fisicalidade e o espazo dixital cun gran interese pola escultura e a instalación.
En 2021 reiniciei a carreira artística que interrompera anos antes. Aluguei un espazo nunha comunidade de artistas, buscando definir e centrar os meus intereses artísticos. Despois de probar varias direccións, centreime na impresión 3D e na realidade virtual.
Do 2022-24, unínme ao grupo de artistas residentes de TPK en L'Hospitalet (Barcelona), onde comecei a desenvolver os meus proxectos.
Interésanme as fronteiras. A perspectiva. Os límites físicos e mentais. A idea de espazo compartido fronte ao espazo persoal. Abofé que hai outros temas subxacentes nas miñas obras coma son: o absurdo, o baleiro, a incerteza, os espazos indefinidos, o artificio e o ridículo.