Tetódromo

2022 - Actualidade

purple climbing wall full of colourful holds
purple climbing wall full of colourful holds

Instalación que consiste nun muro de escalada cuxos agarres teñen forma de peitos de diferentes tamaños.

a white urinal and a blue background
a white urinal and a blue background
Baleiro

2012

As imaxes xeradas polos escáneres de equipaxe dos aeroportos inspiráronme esta serie. Exploro obxectos que pertencen aos personaxes do libro de Vila-Matas, "Bartleby & Co.", e como poderían verse se foran vistos nun escáner 3D.

two people with masks on their heads drinking wine
two people with masks on their heads drinking wine
De troula

2012

Dous personaxes enmascarados afogan as súas penas no viño. Tomando como referencia as máscaras do Antroido dos Peliqueiros de Laza (Ourense), esta imaxe foi creada en 3D, renderizada e composta cun editor de imaxes.

Ghato

2003

a cat in a room with mirrors and color squares
a cat in a room with mirrors and color squares

Ghato é unha versión en 3D dunha antiga ilustración baseada en ideas antigas desenvolvidas para a creación dun logotipo. Experimentando con reflexos e sombras para crear un escenario colorido para o gato.

a red character standing in a curved space
a red character standing in a curved space
Serie Home groso

2003

Nesta serie de renders exploro diferentes espazos para o Home Groso. Probei distintas texturas e configuracións para revelar emocións e estados de ánimo. Interesábame construír unha narrativa detrás das imaxes.

3d face of a woman with a draw coat on a black background
3d face of a woman with a draw coat on a black background
O soño do monifate

2001

Pequeno experimento xogando cun render 3D da miña cara escaneada e cun corpo rañado directamente na superficie impresa. Tentando mesturar técnicas, imaxes 2D e 3D.

Pinturas e debuxos

90s - principios do 2000

Selección de obras feitas entre os 90 e principios do 2000, sobre lenzo e contrachapado. Para os debuxos empreguei grafito e lapis de sanguina sobre papel, pero tamén pasteis, xiz e marcadores.