Instalación que consiste nunha parede de escalada pedurada con forma de diamante e con agarras que teñen forma de peito feminino. O proxecto fala de límites físicos e limitacións mentais.
Tetódromo
Instalación 3D
Tetódromo
Base conceptual
Información xeral
Ano de creación
Solstici 2023. Nesta exposición colectiva tiven a oportunidade de amosar unhas renderizacións do tetódromo e varios peitos de impresión 3D.
Materiais
Estrutura pendurada en forma de diamante composta por paneis de madeira e agarras de madeira revestidas, cun carril circular para a liña de vida (corda con arnés). Base circular acolchada baixo a cuña para amortiguar posibles caídas.
O tacto das agarras é fundamental para representar a idea do proxecto; debe ser algo mol e flexible que tamén permita o agarre sen esvarar.
O proxecto desafíanos a superar unha barreira física para poder superar unha mental. A escalada, xa sexa en rocha ou en rocódromo, é unha práctica que nos confronta, desde o meu punto de vista, cun dos primeiros medos que experimentamos de cativos: o medo a caer. Substituír as agarras para escalar por peitos femininos é unha referencia directa á canción de Rigoberta Bandini: "no sé por qué dan tanto miedo nuestras tetas, sin ellas no habría humanidad ni habría belleza". Debemos escoller se preferimos agarrarnos a elas ou ben arriscarnos a caer.














3D print test with AllPHA filament
Render exhibited in Solstici 2023
3D renders
3D print test with recycled PLA
Técnica
2022
Dimensións
Exposicións
Cuña tridimensional de 4 m de alto x 3 m de diámetro.
Estructura e agarras de madeira. As agarras levan unha coberta de material mol e flexible aínda por determinar. Cores por determinar.