Obradoiro de micelio
Obradoiro sobre como usar o micelio como material artístico
9/18/2021




Fixen un mini obradoiro sobre o uso do micelio con fins artísticos. Estanse a facer moitas investigacións sobre as posibilidades de usar o micelio como material de construción, para facer tecidos e como material escultórico. No obradoiro coñecémonos os diferentes tipos de micelio e de nutrientes.
O lado negativo: o cultivo do micelio require un espazo completamente limpo de axentes biolóxicos, o que fai que o seu crecemento sexa moi difícil se non se realiza nun laboratorio preparado para iso. Para o obradoiro déronnos bolsas xa preparadas con micelio e un nutriente, que se venden en liña. Pudemos dar forma á mestura, metela nun molde e pechala con película transparente.
Na casa, deixei a mestura na escuridade durante 3 días para que o micelio medrase. Unha vez feito isto, desmoldéi o micelio e metino no forno a uns 60 °C para que se deshidratase. O resultado final é un obxecto branco, resistente e moi lixeiro. O micelio medrou grazas ao cáñamo que serviu de nutriente.