Aprendendo un novo programa
Aprendendo algunhas ferramentas 3D que me interesan
testaquente
10/19/2023


Estas últimas semanas estiven a facer titoriais de programas que me resultan moi curiosos e dos que quero entender as súas funcionalidades básicas: HoudiniFX e Unity 3D.
HoudiniFX está a gañar moita popularidade pola súa versatilidade e funcionamento procedimental. Pódese complementar o traballo con software 3D como Blender ou Maya, xa que a parte de FX é espectacular en comparación con eles.
Unity é un estándar nos videoxogos para empresas independentes e, aínda que a parte de programación non é o meu forte, comprender a súa funcionalidade é moi relevante para min.